| Inauguración da Casa da Xuventude |
|
|
| viernes, 11 de abril de 2008 | |
![]() Xavi e Carmen con Gómez Noya Ao comezo, uns rapaces fixeron unha demostración de “parkour ” e logo un grupo de “capoeira ” animaron cos seus bailes ao son dos bongós e outros instrumentos novos para nós. A acto estivo presidido pola concelleira de Xuventude e outros membros do Concello. Despois de premiar á gañadora do logotipo, foi agasallado o noso gran campión de triatlón Javier Gómez Noya pola súa colaboración na Cadea de Favores da ONG Implicadas, con quen nos fotografamos para que quedara constancia de que alí estivemos. O local está aberto na rúa Almendra a tódolos rapaces e rapazas da cidade. Hai salas de reunións, de xogos, con acceso a internet e todo tipo de información que necesitedes ao respecto. Carmen Peña e Javier Luaces. |