1910 | Maio: o Capítulo Provincial da Mercé aproba a compra dunha casa sita na Praza de Amboaxe de Ferrol e a apertura dun Colexio. Asemade nomea primeiro Rector do colexio ó P. Alberto Barros. Outubro: empeza a funcionar o colexio. O seu nome é NUESTRA SEÑORA DE LA MERCED | | | | *** | 1915 | | Setembro: ponse en marcha un colexio de internos e un cine. Este último estaría situado nun gran salón que daba á Rúa do Sol. O seu obxectivo, segundo palabras da época, era ser un "cinematógrafo con carácter moralizador". | | | | *** | 1919 | | Setembro: cedese un local do colexio para montar unha Academia de preparación militar. Chamarase "Nuestra Señora de la Merced". | | | | *** | 1925 | | Abril: o día 11, ás nove e media da mañá, se coloca a primeira pedra da nova igrexa. | | | | *** | 1926 | Decembro: o día 12, ás 10 da mañá, inaugurase o novo templo. 1931 | Outubro: a República ordenará que aqueles centros que queiran seguir coa segunda ensinanza deberan ter sección de nenos e nenas. Por iso o colexio se vai asociar co o colexio de Noble que daba clases a nenas. Ambos centros se chamarán Nuestra Señora de la Mercé . | | | | *** | 1933 | | Outubro: o día 15 o colexio vai cambiar o seu nome. Dende esa data deixará de chamarse "Nuestra Señora de la Merced" para denominarse COLEXIO "TIRSO DE MOLINA". | | | | *** | 1935 | | Decembro: o día 29 celebrase o 25 aniversario do Colexio. Para a súa celebración acordase convocar unha Asemblea, celebrar unha Velada Literaria e un Te Deum. | | | | *** | 1938 | | Agosto: o día 1 inícianse as obras de ampliación do colexio. Esta obras realizaranse durante o curso 39 - 40. | | | | *** | 1939 | | É cualificado polo Rector como "calvario" pois entre a guerra e as obras o colexio sufría as consecuencias. No diario do colexio pódese ler "Fue algo horrible. Las clases interrumpidas, hay grados en donde durante semanas el maestro es un niño pues los profesores están en el frente, y aun encima, y debido a las obras, tenemos aulas que parecen estanques..." | | | | *** | 1940 | | O P. Manuel Carrera pon en marcha unha revista que, debido á situación económica da posguerra, durou pouco. | | | | *** | 1948 | | Comezan a impartirse no colexio Táboas de Ximnasia, clases de Esgrima e fundase un equipo de fútbol chamado "Tirso". | | *** | 1949 | | Inícianse os arranxos do antigo cine que agora vaise a converter en teatro. | | |
1950 | Xaneiro: aparece o primeiro número da revista "Tirso" que, segundo di na súa editorial, quere reflectir a vida e actividades do colexio e ser o órgano de expresión dos alumnos. inaugurase o novo teatro do colexio. Marzo: nace ó Coro "Tirso de Molina" que estaba formado por setenta xoves dirixidos polo P. Teodoro Casaldeiro. Comeza a súa andaina o equipo de Baloncesto. | | | | *** | 1951 | Xaneiro: fundase a "Confraría de Estudiantes de la Santísima Virgen de la Merced". A Confraría sairá á rúa o Xoves Santo e o trono portará unha imaxe da Virxe da Mercé. Tódolos confrades serán alumnos ou ex - alumnos. Faise un aula de Química. Marzo: o día 8 se inaugura a Biblioteca do colexio. Fundase un equipo de Balonmán e outro de Balonvolea. | | | | *** | 1955 | | Iniciase o curso de Preuniversitario. Constrúese o Campo de Deportes. Faranse dous frontóns, un campo de baloncesto e un de fútbol. | | | | *** | 1957 | Empeza a funcionar un laboratorio de Física para que alí se imparta a parte práctica da materia. Reformase o laboratorio de Química. | | | | *** | 1958 | | Decídese comprar unha finca sita no lugar denominado "A Gándara". Nela pensábase construír un novo colexio. Este proxecto nunca se realizou e posteriormente a finca foi expropiada en 1975 polo Ministerio da Vivenda. | | | | *** | 1961 | Setembro: inaugurase en Caranza un colexio de primeira ensinanza que se coñecerá popularmente como o "Tirso de Caranza". A idea era crear nesta zona de expansión de Ferrol un centro educativo que atendese as necesidades desta poboación. Outubro: inaugurase no Campo de Deportes unha pista de deportes que alberga dous campos regulamentarios de baloncesto e outro de balonmán. | | | | *** | 1962 | | Crease un Gabinete Psicotécnico. |
1970 | | Deixa de procesionar a Confraría da Mercé. | | | | *** | 1973 | | Celebrase por primeira vez a festa da Mercé coas monxas mercedarias. | | | | *** | 1974 | | Marzo: o día 12 ten lugar un "paro" dos alumnos de COU. Está motivado polo seu desacordo ante a selectividade. Maio: o día 13 celebrase por primeira vez a festa de S. Pedro Nolasco. Ata este momento a festa celebrábase o 28 de Xaneiro. | | | | *** | 1975 | Xaneiro: inícianse os tramites para por en marcha a ASOCIACIÓN DE PAIS DE ALUMNOS. Xuño: o día 13 nace a APA. O seu primeiro presidente é D. Emiliano Porro. Xullo: pechase o colexio de Caranza. | | | | *** | 1979 | | Xaneiro: aprobase a construcción dun Pavillón Polideportivo. | | | | *** | 1980 | | Setembro: o día 23 inaugurase o novo Pavillón. | | | | *** | 1982 | Crease a figura do Xefe de Estudios. Fundase o Club "Tirso de Molina" que ó longo da súa historia vai acadar multitude de premios deportivos. Neste club intégranse tódolos equipos que existían no colexio. | | | | *** | 1983 | | Cóbrese o frontón que existía no campo de deportes aparecendo así un minipavillón que servira para os máis pequenos | | | | *** | 1985 | | Celebrase o 75 aniversario do colexio. Asiste ó acto o escritor Gonzalo Torrente Ballester. | | | | *** | 1986 | | Solicitase a concertación de gratuidade no nivel de E.X.B.. | | | | *** | 1992 | | Estudiase a posibilidade de construír un novo edificio para os alumnos de primaria. | | | | *** | 1994 | | Setembro: o día 27 inaugurase o novo colexio de primaria | | | | *** | 1999 | | Fundase o Movemento Xuvenil Mercedario de Galicia. |
2000 | A Confraría da Mercé volve a procesionar. O coro do colexio grava o seu primeiro Cd. "Palabra de Amigo" | | | | *** | 2001 | ven cheo de novidades: - instalase unha nova aula de informática con conexión a internet. - renóvanse os laboratorios de Física, Química e Ciencias naturais. - empeza a funcionar o Comedor Escolar e a páxina Web. - instálanse ordenadores na nova biblioteca do colexio. |
|
|