09
MAY
2018

Excursión Granxa do Souto

O pasado venres 27 de abril, os alumnos de 1º e 2º de primaria fomos de excursión a Mera (Ortigueira), á Granxa do Souto. Alí pasamos un día xenial cos nosos compañeiros. Tivemos ocasión de montar a cabalo, coñecer animais diferentes como coellos “Toy”, cabras ananas, galiñas, vacas…

Estamos moi fachendosos, nós e os nosos profesores, porque os monitores da granxa felicitáronnos polo noso ¡¡¡ FABULOSO comportamento!!!