12
NOV
2016

Eleccións ao Consello Escolar

Neste mes de novembro é tempo de renovación parcial do Consello Escolar do centro. Con tal finalidade, constituiuse o pasado martes a Xunta Electoral, que ven de aprobar as normas, papeletas e calendario para as eleccións, que se celebrarán o vindeiro día 29 de novembro para todos os sectores que deben renovar: alumnado, nais e pais e profesores.

No taboleiro de anuncios do edificio da rúa Arce, pódese consultar o censo electoral  e as candidaturas poderánse presentar na Secretaría do centro (edificio da rúa Arce, segundo andar),no horario habitual, do 14 ao 21 de novembro.

Faga clic neste enlace se desexa consultar o calendario completo